A semana pasada fomos de excursión a Villardeciervos (Zamora). Aprendimos moitas cousas e fixemos moitos amigos e amigas. Nada máis chegar estivemos esperando polos nenos de Villarcayo (Burgos) .
Cando chegaron, coñecémonos e fixémonos amigos. Polo mediodía fixemos os grupos de habitación e comedor. Pola tarde fixemos un xogo para descubrir o pobo coa auxiliar de inglés "Rocío". FOI MOI DIVERTIDO!!!!
Á noite fixemos un xogo de mímica,"mimic", no que tiñamos que adiviñar palabras relacionadas coa viaxe en "in english". Foi uns dos mellores xogos que fixemos. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
A túa opinión é importante.