martes, 18 de outubro de 2016

Intercambio cultural

Unha das actividades do programa consistía en presentarlles aos nenos do outro colexio o lugar onde vivimos. Os compañeiros de Villarcayo ensináronnos o seu cole, o seu pobo, as súas montañas, a neve... e a verdade e que nos gustou moito e xa dicimos que nos gustaría ir a velos alí.

Nós ensinámoslles a nosa cidade: as praias, Cortegada, os nosos parques e montes... e fixemos un tríptico para que levasen para a casa xunto con outros folletos que nos deu o Concello. Despois, mostrámoslles os produtos que nos deron varias entidades e empresas para que levasen para as súas casas e así nos coñezan mellor eles e as súas familias, e intercambiamos as bolsas coas que nos trouxeron eles con produtos do seu pobo: patatas fritas, morcillas, chourizo, pastas...

Para rematar, despois de entregarlles os colares que fixemos para eles, cantamos un popurrí de cancións populares.


Temos que agradecer a todas as entidades e empresas que colaboraron connosco nesta actividade doándonos os seus produtos e diferentes agasallos.



ENTIDADES
EMPRESAS
Concello de Vilagarcía
Banco Sabadell Gallego
Ameixa de Carril
Cepillos Mariño
Mexillón de Galicia
Conservas Dardo
Parque Nacional Illas Atlánticas
Conservas Roma
Porto de Vilagarcía
Corticata
Mel de Galicia
DISBEPO (Sanxinés)

LARSA

Montiño

Pazo de Rubianes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A túa opinión é importante.