Primeiro tiñamos que coller a mesma cantidade de auga, area e aceite. Collemos pouquiño, que se non gastamos moito aceite, e iso contamina.
Despois apuntamos o volume e o peso das tres cousas.
Logo votamos o aceite e despois engadímoslle a auga.Que pasou co aceite?A auga é máis densa ca o aceite e o aceite quédase enriba.
Despois revolvemos cunha culler e esperamos 5 min. Engadímoslle a area. Que pasou coa area? Que a area é máis densa cás outras dúas cousas e quédase embaixo.
Revolvemos coa mestura anterior e esperamos 5 min. Que pasou despois de esperar? Algo impresionante!!! O aceite quédase enriba, a auga no medio e a area embaixo.
Foi divertidísimo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
A túa opinión é importante.