venres, 30 de xaneiro de 2015

UNHA CANCIÓN POLA PAZ EN LINGUA DE SIGNOS?

E xa que falamos de Hellen Keller non podía faltar unha canción pola paz en lingua de signos (aínda que xa sabemos que ademais de cega era xorda).


CANTANDO AO ANTI-BULLYNG

A música axudouno a superar o acoso que sufría e compuxo este rap.

OS NENOS DE SIRIA QUEREN SEGUIR MEDRANDO

Nesta emotiva canción os nenos de Siria pídennos que os deixemos medrar, que os coidemos.


xoves, 29 de xaneiro de 2015

DISCURSO DE MALALA NA ONU

Malala Yousafzai sufreu un ataque talibán porque defendía o seu dereito á educación. Tras recuperarse seguiu loitando polos dereitos das nenas a estudar, polo que recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014. Este é o seu discurso ante a ONU.

domingo, 23 de novembro de 2014

NORABOA CHENOA!

O debuxo premiado nesta edición do concurso de debuxo convocado pola Asociación Cantarela foi "Fotos de la excursión", de Chenoa Giménez Camacho.

Os nosos parabéns!



Noraboa tamén a Laura Caneda (de 2º) e Paula Franco (de 3º).

"PARECE QUE OS NENOS MOLESTAN"



"Un neno do colexio solía xogar nunha praza que estaba diante da súa casa. Cando cumpriu os 10 comezou a xogar cun balón de plástico e a xente molestábase polo que comezou a chamar á policía para que non xogase alí. Malia que hai xente que fai cousas bastante peores non chaman á policía por eso. 

Parece que nesta sociedade os nenos molestan e non hai un sitio para que xoguen e nós queremos empregar os espazos públicos para xogar porque somos parte da sociedade e consideramos que temos dereito a empregar os seus recursos.


Os nosos pais sempre nos din que eles saían a xogar á rúa sós e que voltaban a casa pola noite pero eso nós non o podemos facer e se logo non nos poden levar a xogar non vos estrañedes de que queiramos xogar coas consolas."
 
Este é un fragmento do manifesto que limos no Pleno Infantil, que estará dispoñible en breva na web do colexio.

Aquí podedes ver a información que saiu na prensa local. La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

venres, 21 de novembro de 2014

PARTICIPAMOS NO PLENO INFANTIL

Hoxe asistimos ao Concello para participar no Pleno Infantil. Tiñamos 3 representantes que defenderon ante a corporación municipal o Dereito de todos os nenos ao xogo.




















A prensa estaba alí para cubrir a nova. A xura dos concelleiros e a elección de alcaldesa.
Imaxes en La Voz de Galicia








xoves, 20 de novembro de 2014

CONVENCIÓN INTERNACIONAL SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Hoxe celebramos que hai 25 anos, na Asamblea das Nacións Unidas, se aprobou un tratado moi importante para vós porque é a lei que indica todos os dereitos que tedes os nenos e que os maiores temos que velar por que se cumplan. 

Ese texto chámase Convención sobre os Dereitos do Neno e nel recóllense os artigos que están obrigados a cumplir os países que o firmaron.

Podedes ler unha versión da Convención feita para vós, con palabras que podedes entender grazas á asociación humanium.

Esta asociación tamén realizou o «Mapa do respeto dos Dereitos do Neno no mundo» como mostra da situación dos nenos e os seus dereitos máis elementais en todo o planeta.
ES_2015