Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de novembro de 2016

Dereitos dos Nenos

Hoxe conmemórase a firma da Convención dos Dereitos dos nenos. Mira neste vídeo un resumo de cales son eses dereitos.


Mañá luns, os nenos e nenas de 6º asistiremos ao Pleno Infantil, onde os 5 Concelleiros que nos representan defenderán o dereito a que nos protexan contra todas as clases de malos tratos.

Despois de constituir a mesa de idade os nosos representantes terán que ler o xuramento do cargo:

"Juro / prometo por mi conciencia y honor cumplir fielemnte las obligaciones del cargo de Concejal con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado."

Mira que ben o fixeron os compañeiros do Pleno do 2014.

venres, 30 de xaneiro de 2015

UNHA CANCIÓN POLA PAZ EN LINGUA DE SIGNOS?

E xa que falamos de Hellen Keller non podía faltar unha canción pola paz en lingua de signos (aínda que xa sabemos que ademais de cega era xorda).


domingo, 23 de novembro de 2014

"PARECE QUE OS NENOS MOLESTAN"



"Un neno do colexio solía xogar nunha praza que estaba diante da súa casa. Cando cumpriu os 10 comezou a xogar cun balón de plástico e a xente molestábase polo que comezou a chamar á policía para que non xogase alí. Malia que hai xente que fai cousas bastante peores non chaman á policía por eso. 

Parece que nesta sociedade os nenos molestan e non hai un sitio para que xoguen e nós queremos empregar os espazos públicos para xogar porque somos parte da sociedade e consideramos que temos dereito a empregar os seus recursos.


Os nosos pais sempre nos din que eles saían a xogar á rúa sós e que voltaban a casa pola noite pero eso nós non o podemos facer e se logo non nos poden levar a xogar non vos estrañedes de que queiramos xogar coas consolas."
 
Este é un fragmento do manifesto que limos no Pleno Infantil, que estará dispoñible en breva na web do colexio.

Aquí podedes ver a información que saiu na prensa local. La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

venres, 21 de novembro de 2014

PARTICIPAMOS NO PLENO INFANTIL

Hoxe asistimos ao Concello para participar no Pleno Infantil. Tiñamos 3 representantes que defenderon ante a corporación municipal o Dereito de todos os nenos ao xogo.




















A prensa estaba alí para cubrir a nova. A xura dos concelleiros e a elección de alcaldesa.
Imaxes en La Voz de Galicia








xoves, 20 de novembro de 2014

CONVENCIÓN INTERNACIONAL SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Hoxe celebramos que hai 25 anos, na Asamblea das Nacións Unidas, se aprobou un tratado moi importante para vós porque é a lei que indica todos os dereitos que tedes os nenos e que os maiores temos que velar por que se cumplan. 

Ese texto chámase Convención sobre os Dereitos do Neno e nel recóllense os artigos que están obrigados a cumplir os países que o firmaron.

Podedes ler unha versión da Convención feita para vós, con palabras que podedes entender grazas á asociación humanium.

Esta asociación tamén realizou o «Mapa do respeto dos Dereitos do Neno no mundo» como mostra da situación dos nenos e os seus dereitos máis elementais en todo o planeta.
ES_2015


mércores, 12 de novembro de 2014

luns, 24 de febreiro de 2014

MADAMAS E GALÁNS

O tradicional “Entroido de Cobres”, Vilaboa, remóntase a principios do século XVIII, segundo escritos da época.
As Madamas e os Galáns ataviados coas súas vistosas vestimentas percorren as parroquiaa acomapañados de chararngas e gaiteiros. É, tamén, moi importante a corrida do galo.




Estas imaxes son extraídas da páxina oficial do Concello de Vilaboa, de onde poderedes obter toda a información necesaria.