As mulleres rurais de Insua, en Vilalba, amósannos o proceso de elaboración do liño.
luns, 12 de xaneiro de 2015
domingo, 23 de novembro de 2014
NORABOA CHENOA!
O debuxo premiado nesta edición do concurso de debuxo convocado pola Asociación Cantarela foi "Fotos de la excursión", de Chenoa Giménez Camacho.
Os nosos parabéns!
Noraboa tamén a Laura Caneda (de 2º) e Paula Franco (de 3º).
Os nosos parabéns!
Noraboa tamén a Laura Caneda (de 2º) e Paula Franco (de 3º).
"PARECE QUE OS NENOS MOLESTAN"
"Un neno do colexio solía xogar nunha praza que estaba diante
da súa casa. Cando cumpriu os 10 comezou a xogar cun balón de plástico e a
xente molestábase polo que comezou a chamar á policía para que non xogase alí.
Malia que hai xente que fai cousas bastante peores non chaman á policía por
eso.
Parece que nesta sociedade os nenos molestan e non hai un
sitio para que xoguen e nós queremos empregar os espazos públicos para xogar
porque somos parte da sociedade e consideramos que temos dereito a empregar os
seus recursos.
Os nosos pais sempre nos din que eles saían a xogar á rúa sós
e que voltaban a casa pola noite pero eso nós non o podemos facer e se logo non
nos poden levar a xogar non vos estrañedes de que queiramos xogar coas
consolas."
Este é un fragmento do manifesto que limos no Pleno Infantil, que estará dispoñible en breva na web do colexio.
Aquí podedes ver a información que saiu na prensa local. La Voz de Galicia, Faro de Vigo.
venres, 21 de novembro de 2014
PARTICIPAMOS NO PLENO INFANTIL
Hoxe asistimos ao Concello para participar no Pleno Infantil. Tiñamos 3 representantes que defenderon ante a corporación municipal o Dereito de todos os nenos ao xogo.
A prensa estaba alí para cubrir a nova. A xura dos concelleiros e a elección de alcaldesa.
Imaxes en La Voz de Galicia
A prensa estaba alí para cubrir a nova. A xura dos concelleiros e a elección de alcaldesa.
Imaxes en La Voz de Galicia
xoves, 20 de novembro de 2014
CONVENCIÓN INTERNACIONAL SOBRE OS DEREITOS DO NENO
Hoxe celebramos que hai 25 anos, na Asamblea das Nacións Unidas, se aprobou un tratado moi importante para vós porque é a lei que indica todos os dereitos que tedes os nenos e que os maiores temos que velar por que se cumplan.
Ese texto chámase Convención sobre os Dereitos do Neno e nel recóllense os artigos que están obrigados a cumplir os países que o firmaron.
Podedes ler unha versión da Convención feita para vós, con palabras que podedes entender grazas á asociación humanium.
Esta asociación tamén realizou o «Mapa do respeto dos Dereitos do Neno no mundo» como mostra da situación dos nenos e os seus dereitos máis elementais en todo o planeta.
martes, 18 de novembro de 2014
ÉRASE UNHA VEZ
Érase unha vez... a historia de Rosetta e Philae. Tras dez anos de traballo chegaron por fin ao seu destino.
No mes adicado á ciencia nas bibliotecas escolares aconteceu un feito que marcará a Historia: a chegada por primeira vez dunha sonda espacial a un cometa.
Tras dez anos de traballo Rosetta e Philae chegaron ao seu destino, o cometa 67P. O proxecto depende da Axencia Espacial Europea (ESA).
No mes adicado á ciencia nas bibliotecas escolares aconteceu un feito que marcará a Historia: a chegada por primeira vez dunha sonda espacial a un cometa.
Tras dez anos de traballo Rosetta e Philae chegaron ao seu destino, o cometa 67P. O proxecto depende da Axencia Espacial Europea (ESA).
mércores, 12 de novembro de 2014
martes, 6 de maio de 2014
CONVERTÉMONOS EN CABALEIROS MEDIEVAIS
Hoxe fixemos unha saída fantástica na que o pasamos xenial e aprendemos un montón: as armas, as torturas, a ciencia...
Logo visitamos o seu xardín, sobre o que nos contaron que naqueles tempos non había árbores nin fermosas prantas senón que estaba ben lisiño para poder ver se atacaban.
luns, 5 de maio de 2014
VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR
venres, 4 de abril de 2014
"SE ME VOU"
Déixovos un vídeo para ir quentando motores e involucrarnos no novo proxecto que andamos argallando.
Para os que aínda non aprendéchedes o xogo dos vasos velaí vai un titorial.
E por se precisades ver mentres cantades podedes facelo aquí.
Para os que aínda non aprendéchedes o xogo dos vasos velaí vai un titorial.
E por se precisades ver mentres cantades podedes facelo aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)