luns, 5 de maio de 2014

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

Para ir quentando motores e preparar  a visita de mañá imos lembrar como vivían na Idade Media. Podemos acceder a este LIM e repasar xogando.

Agora xa podemos ler a información que nos ofrecen dende o Concello de Soutomaior sobre o castelo e a súa historia.

venres, 4 de abril de 2014

"SE ME VOU"

Déixovos un vídeo para ir quentando motores e involucrarnos no novo proxecto que andamos argallando.



Para os que aínda non aprendéchedes o xogo dos vasos velaí vai un titorial.

E por se precisades ver mentres cantades podedes facelo aquí.



xoves, 13 de marzo de 2014

Que ben o pasamos mentres sementamos as nosas cenoiras e os pementos. E xa non digamos prantando as fresas no horto! Mirade, mirade.

luns, 24 de febreiro de 2014

"CHÁMANME RADIO"

O vindeiro mércores asistiremos ao auditorio municipal onde teremos ocasión de visionar "Me llaman radio". Queredes ver o trailer?

NORABOA CARLA!

Unha vez coñecido o fallo do xurado do Concurso do Centenario temos que felicitar a Carla Buceta López, que acadou o segundo posto na modalidade de redacción, polo que recibirá un lote de libros.
En “Unha carta para Román”, unha nena convida ao seu amigo a reencontrarse en Vilagarcía e lle conta as marabillas da nosa cidade para convencelo.

Temos que felicitar tamén a Andrea Patiño Rey e a Silvana Jiménez Jiménez, que recibirán as dúas unha tablet por acadar o 1º posto na categoría de debuxo.

Podedes ler máis información na web do Concello.
 
 

MADAMAS E GALÁNS

O tradicional “Entroido de Cobres”, Vilaboa, remóntase a principios do século XVIII, segundo escritos da época.
As Madamas e os Galáns ataviados coas súas vistosas vestimentas percorren as parroquiaa acomapañados de chararngas e gaiteiros. É, tamén, moi importante a corrida do galo.




Estas imaxes son extraídas da páxina oficial do Concello de Vilaboa, de onde poderedes obter toda a información necesaria.

mércores, 19 de febreiro de 2014

O ROMÁNICO EN AROUSA

Que vos parece? Nos arredores temos unhas igrexas románicas moi fermosas. Como? Que non as coñecedes? Mirade o que nos di o Faro de Vigo de hoxe e o exemplo que publica, a Igrexa de San Martín de Sobrán, en Vilaxoán.



sábado, 15 de febreiro de 2014

TALLER DE BEBIDAS SAUDABLES

Xa tedes aquí as fotos do taller de bebidas saudables.

Despois dunha charla interesantísima, ofrecida por persoal do SPAD, na que nos explicaron a importancia de non consumir alcol ensináronnos a elaborar uns batidos a bae de froita e quedaron riquísimos.

Animádevos a tomalos na casa e presumide de bos cociñeiros!


venres, 24 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ: MANDELA

Este ano queremos adicarlle o Día da Paz a Nelson Mandela.
Comezaremos co poema máis famoso de William Ernest Henley (1849-1903), o que lle sirveu de inspiración a Mándela durante a súa estancia no cárcere. Foi escrito en 1875, e publicado por primeira vez en 1888 no "Libro de poemas".

Invictus
Out of the night that covers me,
Black as the pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul.
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed.
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the Horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds and shall find me unafraid.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate:
I am the captain of my soul.

Podedes ver agora un cómic realizado con este poema por Zen pencils e traducido por El Guindilla.



Tamén podedes escoitar algunhas cancións adicadas a este gran home.

                                    
Si queredes saber máis podedes ver a súa vida en imaxes  nesta compilación ou nesta outra de Muy Interesante

E aquí está un vídeo no que o podedes ver todo sobre el.


E queres ver algunha curiosidade? Pois mira, mira.