martes, 27 de marzo de 2018

Presentación dunha biografía


Elaborar un traballo require seguir varios pasos que podedes ver nesta guía. Como nesta ocasión se trata dunha biografía dun personaxe histórico debe conter varios aspectos imprescindibles que redactaremos tras facer unha liña do tempo que nos axudará a situar cada acontecemento e a redactala: 
  • Datos da súa vida: onde e cando naceu e morreu, quen era a súa familia, a que se adicaban... e calquer outro aspecto que nos sirva para coñecelo mellor.
  • Datos da súa obra: a que se adicou?, cando?, por que é importante?, que fixo?
  • Imaxes que nos axuden a coñecelo: un retrato seu, unha imaxe da súa obra, un mapa, un gráfico...
  • Bibliografía: como en todos os traballos é preciso saber de onde obtivéchedes a información (a información debe contrastarse e por iso é preciso empregar polo menos 2 fontes de información).

Lembrade que hai varios aspectos a puntuar cando poñemos nota a un traballo:
  • A calidade e cantidade de información.
  • A presentación: limpeza, orde nos contidos, erros ortográficos e gramaticais...
  • Non serve copiar e pegar.
  • Bibliografía empregada.

Liña do tempo Idade Moderna

PERSONAXES DA IDADE MODERNA

Para coñecer os personaxes da Idade Moderna estamos a realizar unha liña do tempo na que imos situando os persoeiros máis relevantes. 
Cada un tedes que preparar a figura asignada seguindo este modelo.