domingo, 12 de novembro de 2017

Convertémonos en periodistas

Quen no lo ía dicir? Este curso imos converternos en xornalistas e para saber como tiñamos que facer, o importante que é un bo titular ou unha boa fotografía viñeron os responsables do programa, Bruno Rodríguez e Sonia García, acompañados da redactora María López e o fotógrafo Iñaki Abella da delegación de Arousa de Faro de Vigo.

Nesta visita aprendemos moitísimo, dende a importancia que ten un titular para chamar a atención do público, como a elección das noticias que se publicarán por ter maior repercusión. Ademais fixémonos conscientes do necesario que é contrastar unha noticia antes de publicala, pois todos os días o len miles de persoas tanto en papel coma na versión dixital.

E agora tocanos a nós poñernos mans á obra e escribir o Faro do noso colexio!



Faro de Vigo 11/10/2017
Faro de Vigo 08/11/2017

luns, 6 de novembro de 2017

Magosto

Sabiades que as castañas xa eran un alimento básico na alimentación para os celtas e o continuaron sendo ata o século XVI, no que chegaron as patacas e o millo de América?

Coñece un pouco máis sobre este alimento e a festa do Magosto.

sábado, 21 de xaneiro de 2017

LAPBOOK SOBRE OS PAÍSES DE EUROPA

Como falamos na clase cada un de vós ten que facer un lapbook sobre un país de Europa. Hai algunhas cousas que non poden faltar pero podedes engadir todo o que vos chame a atención e vos pareza interesante.



Podedes ver algunhas ideas e plantillas de como facer bolsillos e outras formas neste enlace.