martes, 18 de outubro de 2016

Intercambio cultural

Unha das actividades do programa consistía en presentarlles aos nenos do outro colexio o lugar onde vivimos. Os compañeiros de Villarcayo ensináronnos o seu cole, o seu pobo, as súas montañas, a neve... e a verdade e que nos gustou moito e xa dicimos que nos gustaría ir a velos alí.

Nós ensinámoslles a nosa cidade: as praias, Cortegada, os nosos parques e montes... e fixemos un tríptico para que levasen para a casa xunto con outros folletos que nos deu o Concello. Despois, mostrámoslles os produtos que nos deron varias entidades e empresas para que levasen para as súas casas e así nos coñezan mellor eles e as súas familias, e intercambiamos as bolsas coas que nos trouxeron eles con produtos do seu pobo: patatas fritas, morcillas, chourizo, pastas...

Para rematar, despois de entregarlles os colares que fixemos para eles, cantamos un popurrí de cancións populares.


Temos que agradecer a todas as entidades e empresas que colaboraron connosco nesta actividade doándonos os seus produtos e diferentes agasallos.



ENTIDADES
EMPRESAS
Concello de Vilagarcía
Banco Sabadell Gallego
Ameixa de Carril
Cepillos Mariño
Mexillón de Galicia
Conservas Dardo
Parque Nacional Illas Atlánticas
Conservas Roma
Porto de Vilagarcía
Corticata
Mel de Galicia
DISBEPO (Sanxinés)

LARSA

Montiño

Pazo de Rubianes

xoves, 13 de outubro de 2016

Lago de Sanabria

Hoxe

Arribes del Duero

O mércores pola mañá fomos aos Arribes del Duero e dende o mirador observamos cos prismáticos e tamén por un telescopio  polos que vimos paxaros. Despois fomos comer a un bar para chegar ao bar tivemos que facer unha camiñata.
Despois, xa pola tarde, fomos a Moveros, un pobo cercano a Portugal e alí visitamos o taller de cerámica de Mari Carmen. Ela ensinounos a facer figuras de cerámica e logo baixamos a comprar na súa tenda.
Pola noite fixemos un xogo de pistas para ir ao día seguinte ao Lago de Sanabria.
PASÁMOLO XENIAL! 



martes, 11 de outubro de 2016

Serra da Culebra

O  Martes levantámonos, fixemos as camas, a rutina e baixamos a almorzar e cando rematamos estivemos falando da ruta e da hora á que tiñamos que baixar para a ruta que iamos facer á Serra da Culebra .

Naquela ruta coñecimos a vexetación daquel lugar tan bonito chamado Villadeciervos. A ruta foi marabillosa con aquelas marabillosas vistas e aquelas abonolante vexetación tan variada.

Ao vir da ruta nos aseamos e de novo explicounos a monitora a que hora tiñamos que baixar dos nosos catro para comer cambiármonos de tenis para non ensuciar o piso e, ao rematar, tivemos tempo libre no que poidamos coñocer máis aos novos compañeiros que viñan de Burgos, do colexio de Villacaryo.

luns, 10 de outubro de 2016

Descubrindo Villardeciervos!

A semana pasada fomos de excursión a Villardeciervos (Zamora). Aprendimos moitas cousas e fixemos moitos amigos e amigas. Nada máis chegar estivemos esperando polos nenos de Villarcayo (Burgos) .

Cando chegaron, coñecémonos e fixémonos amigos. Polo mediodía fixemos os grupos de habitación e comedor. Pola tarde fixemos un xogo para descubrir o pobo coa auxiliar de inglés "Rocío". FOI MOI DIVERTIDO!!!!

Á noite fixemos un xogo de mímica,"mimic", no que tiñamos que adiviñar palabras relacionadas coa viaxe en "in english". Foi uns dos mellores xogos que fixemos. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!!