luns, 9 de decembro de 2013

CASTELO MEDIEVAL

Ola rapaces:
Finalmente parece que non imos poder presentar o noso castelo no concurso. Malia todo quixera felicitarvos a todos por tanto esforzo. O resultado foi moi bo e collemos experiencia para facer un traballo impresionante o vindeiro curso. Ademais seguro que nos ven moi ben para a nosa película.

Podedes ver o proceso de construcción nesta montaxe.


E este é o noso castelo.



Dende aquí poderedes acceder a ás obras que realizaron outros coles e votar por elas si queredes.

domingo, 1 de decembro de 2013

TERÁ SOBREVIVIDO O COMETA ISON?

Segundo indican algúns científicos que seguen a viaxe do cometa ISON podería ter sobrevivido ao seu paso polo Sol, quedando o seu núcleo que comeza a brillar de novo.

Nembargantes, outros opinan que xa non hai nada que facer e é mellor centrarse no seguinte cometa. No blogue de Astronomía "El Navegante" comparten esta opinión e mostran esta animación.